Ó ARTISTA DESCOÑECIDO
Na memoria, a historia dos que a fixeron que non aparecen na lista dos deuses, pero as suas metas viaxan no vento das sete rodas de cara o paraninfo do parnaso. Soño da serpe bicéfala cuias cabezas loitan permanetemente por atopar o norte simbolizando un afán de superación.
Tenica: mixta, granito e aceiro inoxidable
Medidas: 3,80 m x 1,10 m x 0,50 m. Variables
Deseñada por Paco Lareo e feita coa colaboración de Luís " O Vila".
1 comentario
Paco Penas de Dorvisou -
A libertade do artista descoñecido é plena.
Non está sometido a esa ferramenta que castra e limita aos humanos nas pasarelas do mundo civilizado.
Unha aperta salvaxe dende unha illa da Macaronesia.