Blogia
Paco Lareo

1 comentario

xabier -

Xa levo varios días ollando para o teu caderno de bitacora (así me gusta máis chamalo, cicais pola estreita relación que gardo co mar dende que me vin para esta esquina da Arousa...)É unha ledicia contemplar neste espazo, algunhas das túas obras que polo chou da vida, tiven a oportunidade de se testemuña da súa xestación,ahí na forxa, entre arrescendos de óleos, tabaco, leña, e algun que outro efluvio de alcool.Tamén Breogán pendurado nunha das paredes da miña vivenda me recorda a túa sempre próxima presencia.
Ei de seguir ollando para este interior púdico teu.Con todo o meu afecto e consideración.