Blogia

Paco Lareo

"Cestiño de frores e rosas"

"Cestiño de frores e rosas"

 ¡Que farta de coor cestiño!, ahí quedarás para sempre na casa de Cristina Mosquera Puente, e empeza a camiñata dun cestiño que se convirte en peregrino de amor e paz.

Do amor nace a fror, e das frores nace a vida, da paz as cores que soñamos dende o manto azui destinado para ás estrelas que reservaron unha meta no Norte das esperanzas.

 

O Ferreiriño de Paxariñas.

7/4/2011

"BALBINO, XOGA E TRABALLA"

"BALBINO, XOGA E TRABALLA"

 “BALBINO, NENO LABREGO” MARZO DE 2011

Xosé Neira Vilas coa creación de "Memorias dun neno labrego" alcanzou un éxito rotundo con 31 edicións e traducida a varias linguas . Este ano 2011 conmemorase ó 50 aniversario da obra, por este motivo, tribútanselle  a Xosé Neira Vilas varios homenaxes, o mesmo tempo que pedíu a diversos pintores unha imaxe representativa de Balbino(o neno labrego), eu fixen o meu Balbino, o que estades vendo, apoiado por este pequeno escrito que conten as razóns polas que eu escollín este neno intelixente, votado para diante, crítico da situación social que lle tocou vivir, que xa tiña pensamentos propios e que a pesar de ser un neno, a súa laboura fundamental era o agro. Leva unha sacha o lombo, e na mao esquerda leva un xoguete que tamén ten a súa historia.

A historia do xoguete empeza nun ritual que se celebraba nas igresias parroquiais por Semana Santa, consistía en facer soar varias carracas a hora da morte do noso Señor. Os rapaces gustábanos esta carraca, pero como era instrumento sagrado non a podiamos facer, entón un día, meu ovo díxome "vouche facer unha carraca  para que ti a fagas despois , a carraca que che vou facer chámase roncha".

Materiales para facela:

Fan falla un croucho ou croucha, con dous buratos pasantes a 45º, fío de liño, un eixe que atravesa o croucho ou croucha onde está metido o fío de liño amarrado o eixe, e un volante, que pode ser de moitos materiais, inclusive de cortiza, e ensamblase todas ás pezas.

Funciona da seguinte maneira:

Cóllese o croucho ou croucha ca mao esquerda polos polos e  halando polo fío, coa mao dereita mediante unha cruz de pao, tírase do fío e fai rrrrrrrrr.rrrrrrrrr.rrrrrrrrrrrr. etc... .

O meu neno Balbino leva unha sacha o lombo: entre a infinidade de elementos que se poderían identificar co labrego ou o labrego con eles, escollín a sacha por ser  unha ferramenta histórica e das máis antigas do medio rural.  Usábase para infinidade de cousas, poñer o cebolo, botar os tirabeques, arrendar millo, patacas…, para tornar a auga, para saír con él o lombo a botar a partida a taberna, os domingos para completar a gala do día festivo, o rico co sacho de cristas o lombo e o pobre coa sacha da labranza, o que tamén resulta gracioso, era que se usara como arma defensiva.

 

Dende a óptica de hoxe, o neno labrego vai máis alá dun neno labrego simplemente, esta obra literaria non pasará no tempo, porque aínda con métodos de aprendizaxe e as diferencias sociais que poidan xurdir 50 anos atrás, encontramos o neno labrego na tecnoloxía, na calidade de vida, no reporte social e alí onde se queira que haxa unha sociedade establecida, ahí está o neno de 50 anos máis o de hoxe, e creo, que esta é a razón pola que esta novela chegará sempre a tempo a calqueira Balbino do mundo, tanto e así, que considero que o Balbino de Neira Vilas rompeu as cadeas do local e resulta un Balbino Universal nos tempos.

 

O Ferreiriño de Paxariñas.

30 de marzo de 2011



"CRUCEIRO"

"CRUCEIRO"

“EN TALÓPIDAS ONTE HABÍA CARTOS, HOXE XA NON OS HAI”

“EN TALÓPIDAS ONTE HABÍA CARTOS, HOXE XA NON OS HAI”

"FORNO CUÁNTICO"

"FORNO CUÁNTICO"

"ESTILISTA PEITEADO"

"ESTILISTA PEITEADO"

O fluxo de cores brilantes incide coa manipulación dos peiteados modernos, como si quexeramos poñerlle frores o cerebro.

S.O.S. RECOLLER LIXO ESPACIAL

S.O.S. RECOLLER LIXO ESPACIAL

Entrevistadora "Lar 4"

Entrevistadora "Lar 4"

"SIMBIOS3"

"SIMBIOS3"

SIMBIOSE

SIMBIOSE

"MIRANDO NACER O SOL"

"MIRANDO NACER O SOL"

Nacen fontes, nacen rios, nacen rosiñas no mar

Nacen fontes, nacen rios, nacen rosiñas no mar

"CIDADE INCERTA"

"CIDADE INCERTA"